Moito teño eu que lembrar dos feitos depositados na miña persoa de don Xesús Mato. Pero tan só me remitirei a unhas pasaxes, para iso, comezo co día en que vin a don Xesús por primeira vez.
Tiven a sorte de coñecer a XESUS MATO, cando era unha rapaciña a que lle poñian os pelos de punta a falta de libertade que tiñamos neste país, naqueles anos nos que o dictador Francisco Franco xa era vello e estaba enfermo, pe
Xa che é boa coincidencia que efemérides biográficas do Padre Mato coincidan —no ano 2008— co éxito da televisión de Galicia: Padre Casares.
Pre falar co señor Mato, non tés desculpa ningunha!
xa hai máis de cincuenta anos, que exerce de señor cura!
El atende a todo o mundo, alegre, atento e sen prisa
Mi amistad con Xesús Mato procede de nuestra afición al cine, ya que él es un asiduo de la Semana de Cine, y son muchos los ratos que comentamos el momento actual que vive la industria y sus géneros.
Son as dez do día vintetrés de outubro cando soa o meu teléfono. Cousa normal, pero cando identifico a voz de Xulio Xiz é para min unha sorpresa.
Sempre lembrarei con cariño e agradecemento os anos que tivemo-la sorte de compartir con Xesús Mato tantas experiencias.
Lembro que no curso 1973-74 nos reuníamos no Colexio Santísimo Sacramento de Lugo baixo a organización de D. Xesús Mato para ensaiar o espectáculo Galicia Canto ao Neno. Xesús Mato era aquel cura mozo que transmitía inquedanzas e vida.
Palabras de Darío Xohán Cabana para unha canción a Xesús Mato que deben facer Mini e Mero.
O corazón da montaña
bate algueiro de alegría.
Os ríos baixan en lores
pola inmensa xeografía.
A campá de Busnullán
por pequena, é campanil.
¡Ai!, como canta a campá
polo outono e polo abril.
Cando Xulio Xiz me di que teño que escribir sobre Xesús Mato, méteme nun brete de sete estalos pois, para min, non é fácil falar de Xesús, en primeiro lugar por non ser imparcial e logo por ter que falar dun referente moi especi
75-50-25. Estas son as cifras que marcan a vida de Mato. 75-50-25. A idade, os anos de sacerdocio e o tempo que leva na montaña. 75-50-25. Son as cifras que poden resumir a memoria de Mato.
Dentro da provincia de Lugo hai como mínimo entre parroquias e anexos unhas cinco co topónimo de Mato.
San Martiño de Castro está no bico dun monte baixo, ribeirego, rodeado de carballeiras, viñas e árbores frutais. Un grupiño de casas campías harmonizan a aldea nun outeiro que aínda recende a cultos e culturas castrexas.
Pídenme que me adhira á homenaxe a Xesús Mato con motivo do seu triplo aniversario, os 75 anos de vida, os 50 de ministerio sacerdotal e os 25 exercéndoo na montaña de Lugo.
Tiña ouvido deste crego tan espelido, de andar lizgairo e verbo fluído. Eu era un mozo universitario cando me asaltou a música de J. Cabodevila con toda a vea racial da miña estirpe.
Uns meses despois de que o republicano Rodolfo Llopis, director Xeral de “Primera Enseñanza”, dirixira a tódolos mestres de España unha circular prohibindo a propaganda relixiosa e ordenando a retirada dos crucifixos das escolas
Coñecín ao pai Mato, aínda sendo moi novo, a través das ondas. Era un home próximo, que encadilaba co seu verbo fácil e directo, que chegaba á xente. A miña sorpresa foi cando ao pouco tempo me decatei que era un cura.
Pídeseme que participe no libro que se editará con motivo das Vodas de Ouro do meu bo amigo Xesús Mato.
Pasa xa dos trinta anos da publicación do meu primeiro libro de poemas prologado polo escritor e xornalista Ricardo Couto que naquel tempo traballaba en El Progreso e na emisora Radio Popular.
Don Xesús chegou a Lalín a finais dos anos 50 rodeado da lóxica expectación que un novo habitante, xa fose xuíz, notario ou cura, podía causar no que daquela era un gran patio de veciños.
Coido que hai trinta e sete anos que coñezo a Xesús Mato.
Xesús Mato —o P. Mato, como moitos lle chamamos— é un home «bo e xeneroso». Si, coido que se lle poden aplicar, con toda propiedade, estas palabras dun verso de Pondal recollidas no noso himno.
Citius, altius, fortius. Foi a frase feliz do Barón de Couvertin na inauguración dos Xogos Olímpicos da era moderna.
Aquel día nevaba na montaña luguesa. No Courel, nos Ancares e tamén no Cebreiro. Na parroquia de Zanfoga, os paisanos vanse achegando á igrexa.
Cumpre don Xesús Mato setenta e cinco anos, cincuenta de sacerdote e unha vintena longa á fronte de case media ducia de parroquias da montaña; que eu saiba ten ó seu cargo as freguesías de San Xoán de Hospital, San Xoán de Pador
É para min unha honra e un pracer escribir algo dun compañeiro, entra ñable irmán, incansable sacerdote, home loitador e sempre preocupado por fomentar a convivencia. Compartimos moitas veces misa e mesa, as partidas de cartas,
Escribir sobre unha persoa, especialmente se se trata dun amigo, resulta sempre comprometido e difícil, entre outras cousas, porque calquera persoa encerra en si unha gran riqueza con moitas e variadas caras e as dun amigo non s
Nesta grande montaxe teatral que é a vida, o cura Mato sempre enfrontou —e enfronta— todos os roles dramáticos que lle tocou representar, coa forza, eficacia e resistencia que cada situación lle esixiu.
Este refrán, tan repetido, senténciase case sempre en castelán, mesmo por galegofalantes: “genio y figura hasta la sepultura”.
Tan só un par de cousiñas, poderían ser moitas, relacionadas coa música e coa policía.
O cura e o mestre, forzas vivas no medio rural nos anos dos meus comezos.
Dentro das moitas e importantes facetas de Xesús Mato Mato, gustaríame destacar que como humanista e, a nivel persoal, o que máis me abraiou cando o coñecín foi a súa grande capacidade de comunicación.
Bon día, amigo,
neste amencer
de afecto que te abrangue;
nesta xornada de amor
que fai
longo o camiño
e a alegría larga.
Mentres en nós fica
un recordo
de sol e de harmonía,
Din que Xesús Mato veu para a montaña hai vintecinco anos, pero, para nós é como se estivese connosco toda a vida.
Pídenme que escriba algo sobre Xesús Mato e o primeiro que se me ocorre dicir é que ese home, cura, escritor, músico e pastor, ven a ser un mundo ao revés, o que non deixa de ser unha parvada, pero tratarei de me explicar.
Fálase na lei galega do patrimonio cultural dos bens inmobles como representación da evolución dunha comunidade humana, por ser testemuño da súa cultura.
Din uns versos populares:
“Preguiceiro do convento,
aprende a traballar,
que o pan do Kirieleisón
sempre non ha de durar”.
Coñecín a Xesús Mato a mediados dos anos 70, cando comecei a miña vida laboral como traballadora social. Desde o principio conectamos en moitos aspectos sociais e de necesidades da nosa xente e do noso país.
Milita na Igrexa. E pon voz onde sexa preciso para transmitir unha mensaxe.
Con toda a vida por diante e absolutamente todo por aprender, con once anos acabados de estrear e sen coñecer a ninguén máis que a penas catro ou cinco amigos, entre os moitos rapaces cos que compartía colexio, comezou o meu and
Nesta pequena descrición vou intentar expresar a miña experiencia persoal coa persoa Xesús Mato e por derivación a experimentación que do cristianismo sinto a través súa.
Vinteoito mozos acababan de ser ordenados presbíteros polo bispo de Lugo, o Dr. Ona de Echave. Dous días despois, dispóñense a celebrar a primeira Misa solemne nas capelas absidais da nosa catedral. Xesús Mato é un deles.
É unha inmensa satisfacción para a familia do escritor Manuel Rodríguez López poder participar nun libro na honra do amigo Xesús Mato.
Cando Xulio Giz me propuxo participar neste merecido recoñecemento a Xesús Mato lembreime, non sabería dicir entón o porqué, de algo que lera en El ente dilucidado.