Pre falar co señor Mato, non tés desculpa ningunha!
xa hai máis de cincuenta anos, que exerce de señor cura!
El atende a todo o mundo, alegre, atento e sen prisa
nótaselle, ás leguas, que leva anos dicindo Misa!
Son bastantes anos, e a cousa está moi clara!
porque máis de vintecinco, leva connosco na Montaña!
Tivo días bos, e tamén malos; pero el sempre alegre!
coma nalgúns dos enterros, con máis dun metro de neve!
Anos sen pistas e carreteras, ¡sempre carreiras pedestres;
nestas zonas da Montaña, tampouco festas campestres!
Eu non sei ben por qué, anque as cousas estean claras
cando el se puxo ó cargo, as festas estaban olvidadas.
E iso que viñan de vello, que xa o dicían nosos abuelos;
que as festas campestres, eran a alegría dos pueblos!
En Louzarela faise unha festa, que ten bastante renombre:
o catorce de setembro é o noso Ecce/Hombre!
Pero agora fanse ben, non de calquera maneira!:
ven de tradición, o ante día da festa, facer unha fogueira!
Iso dá moita alegría, nunca trae pena!
só que pre facer o lume, hai que buscar a leña!
Hai que baixala no carro; sempre se fai de repente;
levan o carro ao monte, pero ten de ser tirado por xente!
O carro adoita ir ben cargado, e aparenta vir sen escolta!;
pero cando entra no campo, case sempre pega a volta!
Parecen cousas de meigas, xeitos de diversión!;
son vellos costumes e xeitos, que veñen de tradición!
Para o Cura Mato, amigos de A Quenlla e María Castaña;
estámoslles moi agradecida, toda a xente da Montaña.
Todo isto foi gravado, con outras tradicións;
xunto con brindos, cancións e bailes, en varias televisións.
Os brindos, que nesta Zona tamén se chaman «loias» (loas) son versos cantados que nacen sobre a marcha (improvisados) na honra de alguén. A súa orixe ven das famosas «regueifas» que se cantaban nas vodas. O Brindeiro de Louzarela («O Sr. Riveira de Louzarela- Pedrafita do Cebreiro») comezou a súa andaina, case de neno, nas vodas. Agora é un dos poucos que quedan no País. Ten actuado na Zona, Fiandóns do Caurel, Galicia enteira, Suíza, Barcelona e en varios programas de tv. Figura tamén nun disco de Carlos Núñez e en varios dvds e cds.