Xa che é boa coincidencia que efemérides biográficas do Padre Mato coincidan —no ano 2008— co éxito da televisión de Galicia: Padre Casares. Trátase dun cura novo que quere congraciarse cos fregueses, pero bate coas maneiras de D. Crisanto, un crego vello —quizais estereotipado demais— preconciliar, rabudo e intemperante. O Padre Casares e mais D. Crisanto tecen e destecen unha vida, ás veces monótona, sempre na parroquia de Sto. Antón de Louredo. Pero o Padre Mato, atendendo uns
dez lugares e parroquias, non coñece a rutina.
Ven de cumprir 75 anos de idade, 50 de cura, e 25 de atención pastoral cantou», di moitas veces. Dinamizou o rescate dun valioso patrimonio inmaterial —O Canto de Reis— na zona de Pedrafita Aló na década de 1970, Fuxan os Ventos ganaba o Festival das San Lucas, de Mondoñedo. A letra e mais a música da canción eran de J. Cabodevila, alter ego de Xesús Mato. «A nosa Galicia inda está de pé», pregoa un dos versos. O Padre Mato botara xa a andar unha emisora da Radio Popular, en Lalín, cando —en 1967— se integrou na nacente de Lugo. Aquí, converteuse nunha institución. Levaba a responsabilidade dos programas socio-relixiosos. Lembro agora, aqueles entrañables guións d´O Anxeliño, que el escribía. Casou á meirande parte do plantel de cope-Lugo. Foi, tamén, unha especie de «pano de bágoas» pois cando había algunha fricción ou desencontro, el trataba de acougar a cousa dicindo: «esperade, esperade un pouco».
Vaise o 2008 co centenario da morte de Curros Enríquez. Poeta civil que fustrigou unha igrexa caciquil. Aos nenos cantores do maio que, co pucho estendido, lle pedían crocas, dicía Curros:
cando eu me atopare
de donos liberto
y-o pan non me quiten
trabucos e prestamos,
e com-os d´o abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
ó mayo qu´eu quero.
Non sitúo ao cura Mato coma destinatario das críticas acedas de Curros, pois o del non son os eidos nin pazos. Paisano de Paradela, sempre a carón da xente popular e da mocidade, escribíu estes versos:
Fuxan os ventos
dos agoreiros,
dos vinculeiros,
dos tempos vellos
O cura Mato non perde a quenlla do muíño vida. De seguro que o lema monástico Ora et labora, completaríao con «e canta tamén» na comarca de Pedrafita. Merecería un estudo esotérico que, no ano 2008, cadren tan ben estas sumas do número 25. Será a música que fixo do Padre Mato unha persoa sempre animosa e participativa? «Este Pobo sempre.