Lectura de Xulio Xiz na Igrexa de San Nicolás de Portomarín o 14/02/2024
Vou dicir o que pensades os moitísimos amigos (e amigas) deste home feliz, crego333 e amigo, mestre e compañeiro, entregado home de Deus que nos ensinou a camiñar polo mundo, e facía o ben a mans cheas.
Naceu o ano 32 en Cabodevila de S. Martiño de Castro, ordenouno mons. Ona de Echave no 58, e nese ano foi para Lalín. Alí, crego na parrroquia das Dores, profesor de Formación relixiosa, asesor relixioso e alma mater na Cope; fundou a Coral Polifónica, e a xente da construción ergueu vivendas gratis para xente humilde porque Mato a conquistou.
Hai 55 anos veu para Lugo: capelan do Colexio Smo. Sacramento, onde creou o coro de rapazas; asesor relixioso de Radio Popular, e xurdiron as misas pola radio en galego para enfermos; secretario de Medios de Comunicación, e fundou na Diocese de Lugo a asociación internacional Auxilia para persoas que precisaban ser axudadas. E foi feliz traballando cos "minus" que con el fixéronse plenamente válidos.
Escribiu sobre o divino e o humano no Progreso, na Voz, Galicia Digital, e en Radio Popular fixo programas históricos como "O Anxeliño", "Y mañana, domingo", "Saludo a la madre", e foi feliz na Radio.
Dirixiu a Escola Cantorum do Seminario, compuxo música e investigou música popular, rescatou "Os reises vellos do Cebreiro", dirixiu o Orfeón Lucense que hoxe canta ao seu Director emérito. Creou Fuxan os Ventos, título dun poema seu ao que puxo música, e o grupo de rapaces que o cantou en Mondoñedo fíxonos entrar aos galegos nun mundo novo. Despois, inspirou A Quenlla. E foi feliz na música.
Quixo ir á montaña para servir parroquias e xentes, por Louzarela e Padornelo. Foi feliz na montaña, a montaña volcouse na súa homenaxe e hoxe o Progreso publica unha esquela dos seus fregueses de Pedrafita. A Cruz Vermella de Sarria, o Orfeón Lucense, María Castaña ou os Amigos de Moncho Valcárce homenaxeárono. E foi Lucense do Ano, o Concello de Paradela declarouno Fillo Predilecto, os amigos fixémoslle dous libros de homenaxe, e máis de 2.500 persoas e institucións lográronlle a Medalla Castelao, a única ata agora que se conseguíu por petición popular.
Sempre dixo claramente que todo o que facía, o que conseguira, o que lle fixeran, era por ser cura, porque para el ser cura abarcaba as inmensidades que conquistou. Foi un crego feliz, soñador conquistador de imposibles posibles que nos fixo ser máis galegos, máis sensibles, máis humanos. Na Radio Popular de hai medio século era, dicía o compañeiro Adolfo de Abel, "Aquel cura ao que todos chamabamos Padre".
Un vello conto noruegués fala do rei que para curar dun grande mal, percorreu o mundo buscando "a camisa dun home feliz", e cando atopou un único home feliz resultou que non tiña camisa. Xesús Mato foi un home feliz, e entendendo a metáfora, cumpría coa historia, porque o deu todo sen gardar nada para si. Foi home feliz que se fixo rico a forza de dar.
Levounos a dianteira toda a vida. E agora que goza xa da visión do Deus ao que tanto quixo, sabemos que vai seguir mirando por nós. Cando remate esta celebración, xa no exterior, o Orfeón Lucense vaino despedir cantando "Compañeira", e Xosé Luís Foxo fará soar de novo a gaita na súa honra. Remato no nome de todos vós con versos de Darío Xohán Cabana, coma el xa no alén, que se citan na esquela que hoxe a Alcaldesa, o Concello e o pobo de Paradela publican en El Progreso:
Non sabemos se es un santo
nin se hai santos entre nós,
mais ser es bon entre os bos,
e nós querémosche tanto.
Na Radio
Radio Voz Galicia - Eva Millán entrevista a Xulio Xiz (15/02/2024)
Radio Voz Lugo - Raquel González entrevista a Xulio Xiz (15/02/2024)
Na Prensa
Diario de Pontevedra - Morre o crego Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia (13/02/2024)
El Debate - Fallece a los 91 años Xesús Mato, sacerdote y fundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
El Español - Fallece a los 91 años el gallego Xesús Mato, sacerdote y fundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
El Progreso - Morre o crego Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia (13/02/2024)
Europa Press - Fallece a los 91 años Xesús Mato, sacerdote y fundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
Faro de Vigo - Muere a los 91 años Xesús Mato, fundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
GaliciaDigital - Morreu Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia, Medalla Castelao e Fillo predilecto de Paradela (13/02/2024)
La Voz de Galicia - Adeus a Xesús Mato, o crego que cambiou a música galega contemporánea (13/02/2024)
La Voz de Galicia - Mato, meu irmán maior, por Xulio Xiz (13/02/2024)
Lugo Xa - Conversa con Xesús Mato: sacerdote, musicólogo, escritor e activista social (13/02/2024)
Lugo Xa - O Fillo Predilecto de Paradela, Xesús Mato, recibirá o adeus este mércores no seu Concello (13/02/2024)
Moncloa - Fallece a los 91 años Xesús Mato, sacerdote y fundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
Nós Diario - Faleceu Xesús Mato, sacerdote, musicólogo e cofundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
O Barbanza - Mato, meu irmán maior, por Xulio Xiz (13/02/2024)
Xornal de Lugo - Mato, meu irmán maior, por Xulio Xiz (13/02/2024)
Metropolitano - Muere a los 91 años Xesús Mato, sacerdote y fundador de Fuxan os Ventos (13/02/2024)
El Correo Gallego - Sacerdote, musicólogo y defensor de la cultura gallega: el legado que Xesús Mato deja a Galicia (14/02/2024)
El Progreso - Máis que un cura, por Álvaro Ulloa (14/02/2024)
El Progreso - Xesús Mato: adeus ao crego da sotana voadora que foi voz do rural galego (14/02/2024)
El Progreso - "Sempre foi un corazón andante ao servizo das persoas máis necesitadas" (14/02/2024)
El Progreso - Muere el cura Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos y Auxilia (14/02/2024)
El Progreso - Adeus ao crego da sotana voadora que foi voz do rural galego I (14/02/2024)
El Progreso - Adeus ao crego da sotana voadora que foi voz do rural galego II (14/02/2024)
El Progreso - Esquelas I (14/02/2024)
El Progreso - Esquelas II (14/02/2024)
GaliciaDigital - Mato, meu irmán maior, por Xulio Xiz (14/02/2024)
GaliciaDigital - Mato, por Iago Santalla (14/02/2024)
La Voz de Galicia - O crego docente, músico e defensor da lingua galega que tivo pegada en Lalín (14/02/2024)
La Voz de Galicia - O crego que impulsou un gran cambio na música galega contemporánea (14/02/2024)
La Voz de Galicia - Meu irmán, por Xulio Xiz (14/02/2024)
El Progreso - Galicia chora ao cura Xesús Mato, "un home que se fixo rico servindo aos demais" (15/02/2024)
El Progreso - Galicia chora ao cura Mato, "un home que se fixo rico servindo aos demais" (15/02/2024)
El Progreso - En imaxes | Funeral de Xesús Mato na igrexa de Portomarín (15/02/2024)
GaliciaDigital - Mira por nós, Xesús!, por Xulio Xiz (15/02/2024)
La Voz de Galicia - Radio Voz: Homenaje al musicólogo y cura Xesús Mato (15/02/2024)
GaliciaDigital - Las visiones de José de Cora y Julio Giz sobre Xesús Mato, por Luis Latorre (16/02/2024)
Orfeón Lucense - Galicia chora ao cura Xesús Mato, "un home que se fixo rico servindo aos demais" (16/02/2024)
El Progreso - Dende o Outeiro, por Mario Outeiro (16/02/2024)
Heraldo de Vivero - Morreu Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia (16/02/2024)
GaliciaDigital - Mato de Xesús, por Rubén Aramburu (20/02/2024)
El Progreso - Padre Mato, por Nuria Neira (22/02/2024)
El Progreso - Jesús Mato murió... pero vive, por Manuel Silva (23/02/2024)
Irimia - Mato, meu irmán maior, por Xulio Xiz (25/02/2024)
Jesús Mato murió..., e os ventos fuxiron, por Manuel Silva (04/03/2024)
Facebook Iago Santalla - 13/02/2024
Facebook Luz Darriba - 13/02/2024
Facebook Marcos M. Fernández - 13/02/2024
Facebook Marisol Bravos - 13/02/2024
Facebook Orfeón Lucense - 13/02/2024
Facebook Un Tal Marra - 13/02/2024
Facebook Xulio Xiz - 13/02/2024
Facebook Xosé Lois García - 13/02/2024
Facebook Xosé Reigosa - 13/02/2024