Cura, non cambies nunca.
A persoa máis próxima ao pobre, ao artista popular, a todo o que teña que ver cos valores da terra.
Cura loitador e gran amigo.
Os seus ollos teñen cada día máis luz.
Había que dedicarlle un monumento.
Resulta esperanzador atopar un crego que vive a vida como un compromiso permanente.
Persoa de raíces e fidelidade
.
Milita na Igrexa.
Adiante, Campión.
O corazón da montaña bate algueiro de alegría.
Pozo sen fondo de auga viva.
Sen el o meu vivir sería distinto e moito máis tristeiro.
Un veciño máis.
Férvelle, férvelle!
Luz guieira, espiritual e intanxible.
Non sabemos se es un santo
nin se hai santos entre nós
máis ser es bon entre os bos
e nós...
O Mato nunca foi cos tempos, foi por diante. E o tempo, que pon a cada un no seu sitio, poñerá ó Mato por diante....
Mato é o meu amigo. E iso me fai rica.
Mato é como un río da auga limpa.
Un dos caxatos máis garimosos nos que me sostiven.
Grazas a Deus pola vida e o Ministerio de Mato.
Crego sinxelo, verdadeiro e excepcional.
Alma de luz.
Mestre da soidade das terras altas.
Quixote que non quere ser fidalgo.
Exemplar sacerdote e gran persoa.
Sempre disposto e xeneroso.
Xentes como Mato son difíciles de atopar.
Sempre preto de quen o precisa.
Cerca de Deus e dos desfavorecidos.
Verdadeiro cristián.
Home fóra do común.
Discreto revolucionario.
Pastor noso, irmán galego.
Voz profética.
Amosa unha grande riqueza humana e unha liña ascendente ao longo de toda a súa vida.
Egrexia alma galega.
Caudal grandioso, transparente e puro.
Sempre coa mensaxe esperanzada que orientou o cerne da súa valente traxectoria social.
Deus, os homes e o tempo darán a razón da túa admirable vida dedicada ós demais.
Fe relixiosa e galeguista; compromiso activo; promotor cultural e comunicador amigo.
Exerce, predica, practica, milita na coherencia, un valor tan extraño nestes tempos.
Din que Xesús Mato veu para a montaña hai 25 anos, pero para nós é como se estivese connosco toda a vida.
Inxente labor social e cultural.
El atende a todo o mundo, alegre, atento e sen prisa.
Foi un luxo aprender de ti tanta vida, tanta ternura, tanto amor.
Exemplar intención de entrega, tantas veces salvadora.
Xermolo de boa semente, sacerdote para sempre.
Respecto a quen é, foi e será. Respecto ao home e ao cura.
Repartiu humanidade e deu unha gran lección de entrega persoal.
Amigo de todos, vives nas terras de Portomarín e Paradela mentres reinas senlleiro nas terras altas da montaña...
Se o noso país tivese xente coma el, estaría máis preto do seu espertar.
Apareceu na miña vida, puxo luz no meu camiño, e a súa impronta está marcada na miña vida para sempre.
Mato foi e é un gran servidor. Sempre está ó servizo de todos.
Home absolutamente libre.
Grazas Mato por ser algo máis, moito máis, ca un cura.
Bendigo a Deus pola túa contribución á cultura galega no campo da música, folclore, costumes e literatura.
Xesús Mato, o aire novo que chegou a Lalín.
Contigo aprendimos a abrirnos esperanzados ó mundo.
Crego artista, escritor e amante da súa terra.
Férvelle fabas. Era un rapaz colmado de dotes.
Crecente Vega: 'Dereito coma un xungo; rexo coma un caxigo; maduro e seco e bon coma espiga de trigo'.