Fuxan os Ventos

Fuxan os ventos, chamado ás veces simplemente Fuxan, é un grupo musical galego formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.

No ano 1973 o grupo participou no III Festival Ría de Ares, en Pontedeume, gañando tamén o primeiro premio. No ano seguinte participaron noutros festivais en Ferrol e Madrid, acadando sempre o recoñecemento da crítica e prensa especializada, mentres participaban na misa radiada de Radio Popular, na que xa participaban antes da creación do grupo.

No ano 1975 o grupo sufriu a súa primeira escisión. No seo do grupo agroman dúas liñas de traballo, unha tendente ao folclore universal e outra máis comprometida coa cultura, idioma e identidade galega. Foi a segunda liña a que quedou, e comeza o percorrido polos teleclubes da provincia con "Galicia canta ó Neno", unha montaxe e representación costumista-musical, escenificación do xeito de vivir as festas do Nadal en Galicia. Este proxecto incluíu a participación de moita xente e a recolleita de centos de panxoliñas, aguinaldos e cantos de Reis.

Pouco despois aparecen as primeiras ofertas para editar discos. Nos primeiros anos o grupo rexeitaba a posibilidade de gravar o repertorio, co fin de non comercializar o problema galego. Pero en 1976, co fin de espallar o seu traballo, chegan a un acordo Philips-Fonogram, co que o grupo podería gravar á súa maneira (sen arranxos electrónicos), manter a liña do grupo e o compromiso político apartidista e asegurarían que o grupo non se comercializaría cara adentro. Froito daquel acordo edítase en 1976 o seu primeiro disco, Fuxan os ventos, e posteriormente outros tres: O tequeletequele , Galicia canta ó neno e Sementeira.

O grupo seguiu a cantar na Misa da radio, a representar "Galicia canta ó Neno" por toda Galicia, espectáculo que chegou a retransmitirse en en directo, dende o Teatro Colón da Coruña a través da TVE en Galicia. Participaron na "1ª Romaxe de Crentes Galego" que organizaron Irimia e Encrucillada, na que colaboraron na maior parte das edicións. En 1977, produciuse a segunda escisión do grupo, por mor de manter a independencia política. Entre 1978 e 1980 o grupo aumentou o número de actuacións, chegando a Cataluña, Euskadi, Lisboa, Bruxelas, París, Zúric, Brest, e mesmo en dúas edicións do Festival Intercéltico de Lorient (1978 e 1979), mentres realizan unha Campaña Cultural en zonas de montaña, con 30 actuacións en vilas e aldeas da provincia.

No ano 1979 conseguiron o seu maior éxito co disco Sementeira, o que lle seguiría un período onde o grupo aumentou a súa actividade ata cen concertos ao ano. O seu quinto disco Quen a soubera cantar xa foi coa editora Ruada, nun intento fracasado de apoiar o primeiro selo discográfico galego.

Por Fuxan os ventos chegaron a pasar até 30 persoas, ata que a comezos do ano 1983 se produciu a definitiva modificación coa saída de dous dos seus compoñentes (Xosé Luís Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio, que fundaron A Quenlla) e a incorporación dun trío de música tradicional. Nesta nova época o grupo grava con Fonomusic no ano 1984 o disco "Noutrora" e continúa coas actuacións en directo incrementando a súas saídas fóra de Galicia, abríndose a novos circuítos: tocan en Durango, nun galeuzca musical, en 1983; en Xaén, na Universidade Popular, en 1985, ou en Segovia, no Festival Agapito Marazuela, no ano 1989, na que sería a súa última actuación en directo.

Desde esa data, o grupo permaneceu inactivo de cara ao público, rompendo o seu silencio en contadas ocasións: en maio de 1993 participando na Festa Labrega de Láncara, organizada polo Sindicato Labrego Galego para conmemorar a supresión da "cota empresarial agraria"; e no ano 1997, en Lugo, para celebrar o vinte e cinco aniversario da Asociación Auxilia, coa que o grupo colaborou dende a súa fundación. No ano 2007, aproveitando o convite para dar o pregón da Feira de Artesáns de Instrumentos Tradicionais que ten lugar no Festival de Pardiñas (Guitiriz), o grupo fai unha pequena actuación cantando seis temas do seu repertorio.

Porén, o grupo segue a traballar internamente. En 1999 concretouse ese traballo na gravación do disco Sempre e máis despois, tras quince anos sen editar, e composto exclusivamente por temas tradicionais. O disco Na Memoria dos tempos apareceu no 2002. O grupo tamén participou na gravación de dous temas para o disco de cancións infantís Pelo gato 24, editado pola Asociación de Gaiteiros no 2007. Terra de Soños, editado no ano 2010, reedita os clásicos do grupo.

Significado social

Fuxan os Ventos non foi o único grupo galego cun alto compromiso social da época, pero si o que máis éxito acadou, chegando non só a intelectualidade galega vencellada a canción protesta e os cantautores senón tamén a Galicia de orixe rural.

O seu repertorio inicial elaborárono a partir da música folk universal, inclinándose cada vez máis cara á música popular galega, recollendo cantigas dos vellos e vellas dos lugares e incluíndo temas de composición propia. Consonte o período no que estiveron activos (devalar do franquismo e transición española), foron adquirindo un compromiso social que se plasmou na incorporación da canción protesta e de poemas doutros autores, nunha liña de oposición á ditadura e de reivindicación dun pobo, un idioma e unha cultura propia.

2022: Fuxan os Ventos cumpre 50 anos

Descargar nova completa

 

Publicacións

Mini e Mero: Labrando para sementar (Xulio Xiz)

Cancións para todos nós - Crónicas de 30 anos de música galega: "Fuxan os Ventos" no rexurdir musical, cultural e autonómico de Galicia, por Xesús Mato, 1996
"INTRODUCIÓN Á CANCIÓN GALEGA", de Xosé Luís Banco Campaña. Xunta de Galicia, 2004

Prensa

Terminaron las fiestas de "San Lucas" con importantes actos culturales - 1972
"Fuxan os Ventos" representará a Galicia en el Festival Mundial Intercelta - El Ideal Gallego, 05/08/1978
Interviron no festival Fuxan os Ventos - Xermolos, 1983
Música con sentimiento - La Voz de Galicia, 22/06/1997
Louvan o traballo galeguista dos fundadores de "Fuxan os Ventos" - El Progreso, 22/06/1997
1977. "Galicia canta ao neno", al completo - El Progreso, 05/04/2000
"Escribo para satisfacerme a min" - La Voz de Galicia, 23/02/2006
Mini e Mero: Artesáns da palabra e da música - Xermolos, 08/2006
Terra de Soños - Faro de Vigo, 30/10/2008
"Aquí hai un xenocidio cultural" - El Progreso, 24/04/2009
Editan un libro sobre el cura que fundó Fuxan os Ventos - periodistadigital.com, 09/06/2009
Fuxan os Ventos, en Lugo en 1977 - La Voz de Galicia, 31/03/2016
Actuación de Fuxan os Ventos en 1977 - La Voz de Galicia, 27/01/2017
Fuxan os Ventos actuó en el festival benéfico Operación Sol, de Lugo - La Voz de Galicia, 18/05/2017
Cultura anuncia que Fuxan Os Ventos dará nombre al nuevo auditorio de Lugo - El Progreso, 19/03/2021
O novo auditorio de Lugo levará o nome de Fuxan os Ventos - La Voz de Galicia, 19/03/2021
O poderoso viño Sansón (Santiago Jaureguízar) - El Progreso, 20/03/2021
Auditorio Mato (Xulio Xiz) - La Voz de Galicia, 20/03/2021

Auditorio (Antón Grande) - La Voz de Galicia, 27/03/2021 - Papel
El nombre del auditorio (Francisco Rivera Cela) - El Progreso, 28/03/2021
El PP solicita que el nombre del nuevo auditorio se elija por consulta pública - El Progreso, 30/03/2021
Auditorio Fuxan Os Ventos (Iago Santalla) - GaliciaDigital, 31/03/2021
Fuxan os Ventos, na Década Prodixiosa (Xosé M. González) - El Progreso, 31/03/2021
Auditorio Fuxan os Ventos (Mario Outeiro) - El Progreso, 02/04/2021
Fuxan os Ventos (Antonio Reigosa) - El Progreso, 05/04/2021
Fuxan os Ventos, memoria indelébel (Marica Campo) - El Progreso, 09/04/2021
Fuxan os Ventos alcanza el medio siglo - El Progreso, 07/02/2022
+ Portada
Fuxan os ventos, medio século sementando e recollendo cancións - El Progreso, 07/03/2022

Vídeos

50 anos de Fuxan os Ventos, en Valín Libros (Lugo) (12/01/2022)