Meu sempre ben querido e xeneroso crego.
Ben sei que estás nos setenta e cinco anos, xa nos cincuenta de crego e vintecinco na compaña dos teus fregueses, nesa montaña doce e fermosa que estás a levar no teu cerne con grandeiro e forte agarimo.
Ti, que tanto sabes de neves, friaxes, néboas e xeadas, sempre estiveches a levar ledicia e caridade aos máis humildes fogares, unha aperta túa ás sacrificadas xentes da montaña e caricia sensíbel, abondosa e humana, Deus, os homes e o tempo darán razón da túa admirábel vida dedicada aos demais.
Xesús, sempre baril amigo, que Deus che dea o que ben mereces, aló onde te atopes a túa lembranza terei.
Hoxe, con admiración, tenrura e respecto, recibe a viva fogaxe da nosa amizada cunha aperta, longa, fonda, forte, tensa e duradeira, con moita saúde e bonanza.
Sempre á túa beira.