Mato, o crego do pobo

Mato non é un cura. É un crego.
Un crego galego, de pobo e do pobo.
O cura Mato é un sociólogo, un antropólogo, un musicólogo, un ideólogo.
Mato é un bule-bule, un fura-fura.
O cura Mato non é inquedo, é rebelde. Un rebelde con causa, pola Causa.
A súa causa é o home.
O seu horror, a hipocresía, agora chamada política.
Pero o Mato non cala, porque reventa. Cuspe, pero non lambe.
Turra co xerarca, pero aparella ben co paisano.
O cura Mato é un paisano
Sempre falou Galego. Pero non polo libro. Galego, Galego.
Un espírito libre, nun mundiño apocado
Un home grande, nun corpo pequeno
E non predica, practica.
Tanto coma na encarnación, cre na incardinación
Para él a Teoloxía, é liberación
O Mato nunca foi cos tempos, foi por diante.
E o tempo, que pon a cada un no seu sitio, poñerá ó Mato por diante.