GALICIA

A vida ten voltas, calcúlase que ó redor de mil,
algunha vez escoitei dicir.
Esas voltas, se confiamos en que existen,
Trouxéronme aquí, contigo.
Non cría no peso das raíces, enseguida no concepto de liberdade,
pero aquí comezou o meu apelido,
calculo hai xa un século.
E esas voltas das que falan poetas e políticos,
Atópanme escoitando o mesmo galego que a miña bisavoa murmuraba.
Pero xa son grande (ou algo así) e agora estou aquí, contigo.
Dunha agnóstica e un crego rural.
Rompiches con determinación os meus prexuízos.
¿Quen diría que compartiría un caldo galego contigo?
Canto nos falta por medrar, Xesús, a ti e a min.
Dos teus 75 outonos e as miñas 23 manías.
Hoxe creo máis nas miñas conviccións, nas miñas dúbidas, nas miñas utopías.
E é grazas á paixón das túas causas, ó sentido dos teus argumentos,á simpleza da túa humildade.
Non hai predicador
Non hai templo
Non hai dogma
Entre nós,
Só  nós.
Sempre nós.
Dun crego rural e unha descarrilada.

Si que vale a pena vivir.