Os Reises á Beira do Camiño
Neste vídeo, os protagonistas dos REISES VELLOS DO CEBREIRO cóntannos como eran aqueles vellos Reises, por que desapareceron a comezo dos anos cincuenta, e como foi o recuperalos case medio séculos despois, no 1996. OS REISES Á BEIRA DO CAMIÑO son unha máis das testemuñas de vida no Camiño e no seu amplísimo contorno, que enriquecen o Camiño a Compostela, rico a forza de recibir millóns de viaxeiros da Fe, pero rico tamén polas innumerables aportacións das xentes que vivían -que viven- á beira del.
Unha produción de Ophiusa Productora de Vídeo, no ano 2001.
A Romaría de Busnullán o 23/08/2008
Guión da misa
Programa da Romaría
Artigo de Xesús Mato: Á beira do Camiño: ¡Outros xeitos de festas! - 22/09/2008
O Cebreiro lembra 'os reiseiros' - 07/01/2023
Gravacións na Montaña
Gravacións feitas na montaña lucense nos anos noventa. Comprenden paisaxes, labores tradicionais (matanza do porco...), comidas, celebracións, cantos de Reises, festas do Nadal, as Monxas do Cebreiro... Nos minutos 44 e 49, Mato canta.
Alborada da Montaña
No día de Rosalía, dende A Laxe, Rutis, esta tocata alborada e pasacorredoiras que foi dedicada a Xesús Mato, prócer do galeguismo nos nosos días, quen exerceu o seu ministerio nas terras montañosas do Cebreiro.