Señor cura

Señor cura, señor cura,
Deixa xa de correr tanto;
Para onde vai meu amigo,
Tan cediño polo campo?

Vou á ermida da montaña,
Vou pro santiño da pena,
Vou falarlle ós meus amigos
E coidar das súas almas.

Xa tocan a campaniña,
Xa sobe a xente do  agro,
Don Xesús sempre correndo
Para dicir a misa cedo.

Polo camiño do monte
Vai subindo, vai baixando,
É cura de cen parroquias,
Polas almas traballando.

Co teu pobo Paradela,
A túa xente que te quere,
Hoxe es fillo escollido
Entre homes e mulleres.

Entre os prados, entre a vacas,
Entre as frores e entre os toxos,
O teu traballo frorece
E ese esforzo da os seus froitos.

Eres cultura ambulante,
Unha biblia do saber,
Eres un pozo sen fondo
De auga viva para beber.

Ó teu carón, moita xente,
Traballou de sol a sol,
Por unha causa ben  xusta,
Por un mundiño mellor.

A música dun poema,
Un Belén munha canción;
Begonte e as ponxoliñas,
Cebreiro no corazón.

Fuxan os Ventos cantando
As músicas desta Terra,
Xesús Mato fai arranxos
Que triunfan en Compostela.

Ven a Quenlla e fai a festa,
Unha festiña rachada,
Na carballeira de Doncos,
¡viva o viño e a empanada!

Mini e Mero, Mero e Mini,
E os compañeiros cantores,
Por o mundo van levando
a esencia dos teus valores.

Unha vida chea de froito
O froito da túa vida,
Un exemplo no camiño
De traballo nesta viña.

Unha aperta damos todos,
ó noso cura bendito,
Que quede o seu nome en pedra,
Por los siglos de los siglos.

Dende Barcelona o teu amigo.