Eternamente Xesús, admiro como te entregas ós demais, como regalas a túa vontade.
Es ti unha alma de luz.
Humildade, xenerosidade e verdade só a posúen uns poucos, só algúns coma ti meu ben querido amigo que ten tanto amor no seu corazón.
Traballador incansable de causas non perdidas e aínda por atopar polo qué loitar, es coma un gran mago que dá ilusións a todos os que tocas coas túas mans e ninguén coma ti sabe compartir a dor do que sofre, posúes o don da entrega, só alguén coma ti é capaz de todo iso.
Ensinas a medrar no camiño da verdade e como ser forte na adversidade, a voar coma «anxos» sen ás.
Eternamente agradecida por terte entre os meus prezados amigos e ademais por ser veciños do mesmo pobo, o noso amado Portomarín, a túa amiga,
Ana Castro Liz